Benvido ó Hotel Lotus
Inaugurado no ano 1983, neste longo percorrido, a nosa oferta de servizos e instalacións fóronse adaptando e mellorando para ofrecerlle a vostede as millores instalacións e o millor servizo.
O complexo compóñeno o Hotel, restaurante, cafetería e discoteca. Situados no centro da localidade de Caldas de Reis, a súa situación estratéxica permite en menos dunha hora poder situarnos na zona costeira das Rías Baixas, Santiago de Compostela, Vigo. Caldas de Reis, localidade tranquila, idónea para o descanso e o paseo, recibe ós seus visitantes acolléndoos coma un caldense máis. As súas zonas verdes, culturaies e turísticas, fan que a súa visita sexa o máis proveitosa posible.
Contamos con garaxe privado para os nosos clientes e animamoslles a probar as nosas especialidades na tradicional cociña galega, así coma das nosas especialidades culinarias. Sabedores de ofrecer o millor servizo, coidamos especialmente a nosa carta de restaurante.
E se o que desexa é celebrar un evento privado, como a súa boda, convención ou banquete, o noso amplio salón é a millor elección para vostede, disfrutando da nosa amplia zona verde de paseo privada nas nosas instalacións, para así facer máis placenteiro o día.
|